Blog

O Porco Celta e a centola de Lira serán protagonistas nunhas xornadas de Slow Food Galicia

Slow Food

O convivium de Galicia do movemento mundial Slow Food (comida lenta) levará a cabo unhas xornadas este venres (24 de setembro), nas que se darán cita productores de distintos puntos de Galicia. O acto terá lugar, ás 17:30h da tarde, na Aula de Cociña Porto-Muiños, en Cambre.

Entre os productores que asistirán, e que teñen interese en sumarse a esta filosofía de vida, están os da galiña piñeira de Mos, as algas e setas de Porto-Muiños e Galletas Maruxa. Está previsto que participen tamén os productos que xa pertenecen á Arca do Gusto de Slow Food: Centola de Lira, millo corvo de Bueu e o porco celta.

Ó final haberá unha degustación.

Entrada publicada: 23/09/2010

Volver