Blog

Os corcubioneses degustarán o Porco Celta de día e de noite

Porco Celta 2010

A praza de Castelao corcubionesa acollerá este fin de semana a quinta edición dunha cita gastronómica na que se poderán degustar diferentes porcións a base de porco celta, tanto á hora de comer coma pola noite. Embutidos (con tres tipos de chourizos e salchichón), empanadas, carne á pedra, paleta á feira, chourizos ao viño ou touciño entrefebrado á prancha serán os pratos que se servirán, por seis euros, ao longo da xornada.

Ademais, os que o desexen poderán probar un menú degustación, equivalente a dúas porcións, co que saborear todas e cada unha das receitas por un prezo de dez euros.

A cita gastronómica está organizada pola Asociación de Amigos do Porco Celta da Costa da Morte, en colaboración coa Asociación Nerio, que se encargará da mostra de baile tradicional que se ofrecerá no palco ás oito da tarde e na que participarán, ademais do conxunto anfitrión, a agrupación folclórica Ximiela, de Louro. A tuna de veteranos poñerá o ritmo ata que o corpo aguante.

Dende as doce do mediodía, os nenos poderán gozar ademais con inchables, xogos populares, monicreques e un concurso de debuxo, que comezará sobre as seis da tarde.

Entrada publicada: 05/08/2010

Volver