Blog

A centolla de Lira e o Porco Celta de Corcubión, estrelas nas catas de alimentos slow food

Forum Gastronomico Santiago 2010

No Fórum houbo máis representantes da Costa dá Morte. Por unha parte, a asociación Slow Food Galicia presentou alí os dous novos produtos da bisbarra incorporados ao seu catálogo de alimentos slow, a centolla de Lira e o porco celta, representado na bisbarra polo produtor afincado en Corcubión José Luis Antelo.

O xefe de cociña Xosé Cannas e os responsables dos restaurantes Casa Pila e O Xouba foron os encargados de preparar ambos os dous produtos para as degustacións, que congregaron a unha gran cantidade de visitantes e levantaron admiración.

Ademais, no Fórum estiveron tamén os representantes da asociación APTCM, que presentaron a oferta de paquetes turísticos e gastronómicos da bisbarra. O presidente da entidade, Manuel Pan, destacou o alto grao de satisfacción dos visitantes da zona, reflectido nas enquisas que se realizan en distintos lugares.

A entidade ofrece un gran menú de suxestións relacionadas coa comida. Así, hai un paquete que ofrece gastronomía medieval en Muxía, outro de sendeirismo e degustación de produtos en Lires, outra máis, en Carnota, relacionado co proxecto Mar de Lira, hai os de rutas a pé e cea en Fisterra, ou talleres gastronómicos en Corcubión (O Hórreo), e outros que ofrecen, en Cee, unha relación entre o Camiño e a comida. O hotel Insua é un dos que ofrecen unha variedade de posibilidades que van dende compaxinar o Camiño coa estanza e a gastronomía local a unha sinxela cea romántica.

No Fórum de Santiago tamén estiveron os irmáns Cancela, de Carballo, mostrando a súa colección de guías Michelín, unha das máis completas do mundo.

Entrada publicada: 23/02/2010

Volver