Blog

A Costa comeza a xantar de vagar

Slow Food Casa Trillo

Tomamos a linda tradución de Lino Lema para describir a "Slow Food", na presentación do Convivium Galicia, que se celebrou no anual Encontro na Casa de Trillo. Que é isto do Slow Food? preguntaranse moitos de ustedes, como fixo o propio Miguel Vila, xornalista gastronómico. Para explicalo, a Costa puido debatir no anual Encontro na Casa de Trillo, en Santa Mariña, Muxía, que servíu para realizar a presentación oficial do Convivium Galicia da Slow Food, ese movemento filosófico social internacional que se contrapón á comida rápida.

Unhas 50 persoas, incluidos varios rexedores locais, representantes de concellos, asociacións... debatiron sobre as bondades de que a Costa seguise os parámetros que marca esta filosofía de vida.

Slow Food Casa Trillo

Pero ¿que é a Slow Food?

Presentou as xornadas Jesús Trillo, xerente do establecimento rural e xornalista moi comprometido co desenvolvemento da bisbarra. Foi o xornalista gastronómico, Miguel Vila, o que abríu as dúbidas sobre que é, ou que significa a Slow Food. Vila foi máis alá e preguntou para que lle serve á Costa "adherirse" a un movemento así, como se organiza, quen conforma as altas estancias e como se financia.

Slow Food Casa Trillo

Para explicarllo estaba presente o antropólogo, profesor da Universidade de A Coruña, Antonio García Allut. Allut significaba a mellor ponte entre o movemento e a Costa, pois foi un dos que sementaron a idea na bisbarra, xunto con Emilio Louro, Milucho, tamén presente, e o propio Jesús Trillo. En varias fantásticas intervencións, Antonio explicou que o movemento vai moito máis alá da cociña, e retou aos alcaldes a tomar medidas para adaptarse a este modo de vida. Allud chegou ata falar de maior participación cidadá, algo que varios os rexedores presentes, rexeitaron rotundamente. Allud quixo deixar claro que a Slow "non é unha marca rexistrada, é unha reflexión sobre o modelo de desenvolvemento e as súas consecuencias" (...) " que trata de crear novas oportunidades de comercialización" a través da esencia do produto. "Hai que saber como se producen os alimentos", sentenciou.

Foi o mesmo secretario da Confraría de Lira e un dos maiores baluartes do proxecto Mardelira, o que marcou a diferencia entre a centola de arrastre e a de pincho, ou gancho, arte de pesca que xa só practican dúas persoas en toda Galicia (as dúas en Lira). Ademais, Milucho quixo respoder ás dúbidas de Vila e afirmou que, aínda que nos pareza estrano, "hai xente que traballa voluntariamente. Ademais apuntou que para nós, estes encontros poden servir para "compartir problemas e buscar solucións", pois no fondo, en todo o mundo temos o mesmo problema. E coma sempre saíu a escena o problema migratorio ás cidades.

O exemplo vasco

Slow Food Casa Trillo

Un dos que non aceptou as acusacións de falta de intervención da veciñanza nas polñítica locais, foi o alcalde do concello vasco de Lekeitio, José María Cazalis Eigure. Lekeitio pasa por ser unha Cidade Slow ou vila "con xeito” que diría Miguel Vila na reflexión sobre a sesión no seu blog. Un alcade que se mostrou encantado de participar na presentación e que sacou as babas a todos os presentes.

Cazalis explicou moitos dos detalles que fan de Lekeito un lugar máis habitable, a pesar dos seus 7.500 habitantes na décima parte de terreo que calquera concello da Costa: Sistematizar a recollida de lixo fomentando a minimización de residuos, promover un desenvolvemento urbanístico sostible, apoiar institucionalmente aos produtores, tanto na produción, como na distribución, loxística e comercialización; recuperación de tradicións ou o fomento dun ritmo de vida saudable, son algunhas das decisións que tivo que tomar o concello para convertirse nunha das 10 Cidades Slow do estado.

O porco celta

Non cabe dúbida de que a Costa da Morte é unha das zonas nas que a recuperación do porco celta se fixo realidade. E xusto a tempo, como razoaba César Pérez, veterinario da zona e membro honorífico da Asoporcel. Tamén estaban presente varios membros da Asociación de Amigos do Porco Celta da Costa da Morte.

A Costa está daquela de noraboa, pois o porco celta xa é o terceiro produto de Galicia que aproba os parámetros do movemento Slow Food (que é certo que non sabemos quen o examina e dá o visto bo). Un produto que debe ser "bo, limpo, xusto", e que valora dende a arte de elaboración ou captura, como un prezo razonable e un plan de explotación sostible (outra das palabras da noite esta da "sostibilidade").

Presentes no debate e nos pinchos aos que invitou Carnizaría Antelo estaba o Millo Corvo de Bueu e a Centola de Lira, os outros dous compañeiros do Porco na Arca do Gusto.

O exemplo portugués

Outra das intersantes intervencións correu a cargo de Jorge Miranda, responsable do Convivium do Alto Minho, en Portugal. Miranda repasou varias das ideas de promocional dos produtos locais que utilizaron nas súa zona, destacando o difícil que é chegar aos produtores (igual que na Costa). Mirando contou como preservación do entorno e das tradicións conseguíu promocionar o Alto Minho ao longo de todo o país veciño, algo que non conseguiran ata o momento. Miranda abríu a posibilida de abrir lazos de unión entre ambos conviviums.

Reflexión institucional

Slow Food Casa Trillo

Na mesa participou tamén o alcalde muxián, Félix Porto, que se achegaba con gañas de tomar nota. A xerente de Turgalicia, Carmen Pita, presidía a mesa, pero as súas intervencións demostraron que este tema non é a súa especialidade. Tamén estiveron presentes o alcalde de Corcubión, Francisco Lema, Chisco, e Santiago Insua, en representación do concello de Fisterra. Unha pena que non todos os concellos estiveran representados, porque estes encontros poden servir para que os nosos represetantes, cando menos reflexionen.

Outras ideas como a da responsabilidade de cada un no consumo, ou o respeto ao entorno natural (con alusións directas a Touriñán) saíron á mesa. Pero o importante é que a Costa pode comezar a "xantar vagariño", que non no retraso secular que vimos arrastrando, que non é o mesmo.

Entrada publicada: 21/12/2009

Volver