Blog

Aprendendo e degustando Porco Celta

Máis dun cento de persoas asistiron o pasado sábado 17 de outubro á Casa da Cultura de Corcubión, onde a Asociación Amigos do Porco Celta "Costa da Morte" deu unha xornada sobre este manxar galaico. Tratáronse como se tiña previsto os temas de axudas, os diferentes tipos de explotacións, as vantaxes, mesmo medioambientais e contra os incendios, de ter porcos no monte, e as debidas comparacións con outras explotacións.

Charlas

Charlas Porco Celta 2009

As poñencias estiveron moi interesantes. Comenzou Gerardo Rivero Cuesta, Jefe de servicio de producción animal, Medio Rural de la Xunta de Galicia, que deu un pequeno repaso a situación actual do sector.

A continuación a representante do Cerdo Ibérico de Extremadura deu boa conta da situación real do Cerdo Ibérico. Falou dos custes asociados as súas explotacions extensivas e resaltou a importancia de intentar comercializar eles mesmos o produto para que fose moito máis rendable. Ademais deixou claro a importancia de poñer sempre por diante a importancia de respeitar a raza pura e coidar a xenética que é a que define a calidade final do produto e a súa imaxe de marca.

Terminou Jose Antonio Carril Barros, Coordinador General de Asociación de Criadores de Ganado Porcino Celta (ASOPORCEL). contando un pouco por riba a planificación dos sistemas produtivos con Cerdo Celta ó aire libre, sendo na maioria dos casos actuais máis de modo intensivo que industrial. Desglosou as cantidades da inversión inicial de entre 10.000 e 12.000 euros para limitar o territorio polo que andan os porquiños, e estimando uns beneficios anuais todavía moi mellorables (en torno os 1.500€ amortizando mes a mes a inversión). Aínda queda camiño por percorrer, pero van na dirección correcta e iso e o que conta.

Degustación

Degustación Porco Celta 2009

Ao remate, e como non podía ser doutro xeito, se podio degustar porco celta tanto en empanada como en variedade de embutidos. A xente gustou del e proba delo foi que non quedou practicamente ningunha mesa con viandas... Xa agardamos a terceira xornada para o ano que vén.

Entrada publicada: 20/10/2009

Volver