Blog

Charlas técnicas e degustación sobre o Porco Celta en Corcubión

Porco Celta 2009

Este sábado, 17 de outubro, ás 20.30 horas na Casa de Cultura de Corcubión, terá lugar unhas charlas técnicas sobre a produción e rendabilidade do Porco Celta. A sesión está organizada pola Asociación de Amigos do Porco Celta da Costa da Morte, que ten como presidente a José Luis Antelo, e como secretario a Francisco Javier Lema, Chisco, alcalde da localidade corcubionesa.

Nas charlas, que se realizan por segundo ano consecutivo logo do éxito do ano pasado, serán varios especialistas os que interveñan. Comezarán un técnico da Consellería do Medio Rural, concretamente Gerardo Rivero Cuesta, xefe de xervizo de produción gandeira. Tamén participarán membros da Asociación de Criadores de Ganado Porcino Celta (ASOPORCEL) e como colofón fará a súa intervención un produtor do entorno do porcino ibérico.

Nelas analizaranse os seus sistemas de produción segundo a normativa vixente, a produción e rendabilidade do porco ibérico como modelo en extensivo de porco celta, e as características técnicas e axudas existentes para as explotacións.
Degustación

E como non podía ser doutro xeito, as charlas vense acompañadas dunha degustación gratuita de produtos de porco celta ao final das charlas.

Entrada publicada: 15/10/2009

Volver