Blog

O cocho autóctono gaña adeptos en Corcubión

Porco Celta 2009

A festa gastronómica do porco celta empeza a converterse xa nunha cita de referencia en Corcubión. A media mañá facíase difícil encontrar un sitio onde deixar o coche na localidade, e ás dúas resultaba complexo conseguir un oco nas mesas situadas en Antonio Porrúa para fincarlle o dente ás pezas fumegantes que saían da prancha.

A festa tiña un aliciente máis coa instalación duns inchables nos os máis pequenos divertíanse dando botes deixando os seus pais mans libre para aplicarse sen trabas coas delicias do cocho. Empanada, chourizos ao viño, paleta asada, carne á pedra e outras lambetadas para o corpo e para o espírito. E todo regado coa animación da tuna de veteranos da Coruña e co festival folk que de noite montaron na praza de Castelao Álvaro Costas & Hot band e o grupo corcubionés Xarabal, despois dunha exhibición de bailes tradicionais sobre o mesmo escenario.

Entrada publicada: 09/08/2009

Volver