Blog

IV Festa do Porco Celta Costa da Morte

Porco Celta

Este sábado 8 de agosto do 2009, a Praza de Castelao de Corcubión acollerá a IV Festa do Porco Celta Costa da Morte. A partir das 12:00h. darán comenzo as actividades e a degustación, sempre cun protagonista: o porco celta. A Asociación de Amigos do Porco Celta da Costa da Morte leva así anos loitando polo manter viva raza.

Esa raza do porco celta que agrupa animais de tamaño grande dolicocéfalos e con perfil frontonasal de subcóncavo a recto; eumétricos e longilíneos, rústicos e armónicos, cun esqueleto moi desenvolvido, sobre todo no seu terzo anterior.

Actividades

Esta celebración realízase acompañada dunha serie de actividades socio-culturais para todo tipo de públicos. No seu programa pódense contemplar grupos de música, grupos de bailes rexionais, magos, monicreques, xogos populares, concurso de debuxo infantil, etc.

E por suposto a degustación de produtos do Porco Celta elaborados de diferentes formas: empanada, chouriciños ao viño, paleta asada, táboa de embutidos, carne á pedra, etc. Con iso, a organización pretende xuntar ao longo de todo o día a toda a familia, desde os máis pequenos ata os avós facéndoo participar nas actividades.

Produtos

A Festa compleméntase con postos de produtos típicos galegos como poden ser: queixos, licores, embutidos elaborado a base de carne do Porco Celta atendidos por persoal especializado que informan ao público participante a través de de trípticos, carteis, librillos, etc. ou directamente. Conta ademais coa presenza de animais vivos da devandita raza.

Entrada publicada: 07/08/2009

Volver