Blog

Slow Food aterra en Galicia

Porco Celta Corcubión

Slow Food, un movemento que avoga por volver á tradición preservando a cultura e a gastronomía propias de cada localidade e recuperando as súas raíces, naceu en Italia en 1989, impulsado polo xornalista Carlo Petrini. Hoxe conta con inscritos en todo o mundo, mesmo en Galicia, onde dous produtos, a centolla de Lira e o millo corvo de Bueu, son alimentos baluarte del arca del gusto, un catálogo internacional de produtos de excelencia gastronómica que segue esta filosofía. O obxectivo é crear unha cociña que conserve a economía das vilas, ao mesmo tempo que respecte a natureza

Roubámoslle a alma á comida". Isto é o que denuncia o movemento slow food que reivindica a cociña tradicional, a recuperación de alimentos naturais e a loita contra os transxénicos utilizados nalgúns comestibles.

A corrente naceu en 1989, da man de Carlo Petrini, xornalista italiano e amante da gastronomía, que preocupado pola perda de calidade dos produtos, que se volveran "preciosos por fóra e insípidos por dentro", e pola invasión nas cidades dos restaurantes de comida rápida, decidiu rebelarse. Fíxoo creando Slow Food, unha asociación internacional en defensa dos alimentos bos, limpos e xustos. Dende a súa fundación ata a actualidade, o movemento slow foi progresando e deulle a volta ao mundo, establecéndose en 150 países.

Para que un produto sexa recoñecido pola asociación Slow Food, deber cumprir unha serie de requisitos como respectar o medio, ser elaborado de forma tradicional e ser de alta calidade.

Cando xurdiu esta corrente, ninguén podía imaxinar que a alimentación lenta chegaría a lugares como Estados Unidos, onde os seus habitantes son coñecidos pola súa afección ás hamburguesas, aos cadelos quentes ou a calquera outro derivado da comida rápida. Pero fíxoo. E dende hai uns meses agora en Galicia tamén existe unha delegación de Slow Food denominada Convivium. A súa creación foi obra dalgúns sibaritas do gusto, como o antropólogo e profesor universitario, García Allut, o agricultor de ecoloxía de Balaguer, Josep Pamíes e o secretario de Confraría de Lira, Emilio Louro. Todos traballan dende 2008 para concienciar os galegos da importancia de conservar a gastronomía e os bos costumes. Aínda que segundo os seus fundadores, o Convivium Galicia acaba de nacer e "aínda está en ebulición", puntualiza Jesús Trillo, presidente da organización, ao que dende que lle propuxeron o cargo, puxo todo da súa parte para que non se perdan os sabores e alimentos característicos de Galicia.

E é que existen varios motivos polos que están a desaparecer algúns produtos artesanais. Entre eles, a escasa rendibilidade que supón a súa produción, o poder das grandes industrias e o cambio de hábitos que está a sufrir a poboación, que prefire o comido lixo a optar por unha alimentación sa e elaborada.

Por iso os partidarios de slow food saben que cambiar a mentalidade dos consumidores non é doado, non obstante non se renden. Proba diso está o labor realizada por José Luis Antelo, gandeiro e presidente da Asociación Porco Celta de Corcubión, unha das agrupacións máis interesadas en formar parte do Convivum Galicia, pois comparten a súa filosofía, e do seu catálogo internacional de produtos de excelencia gastronómica, a Arca do Gusto. Antelo asegura que un produto tan selecto "adoita ser máis caro" e polo tanto a súa venda é "máis complicada". Non obstante, "moita xente sabe apreciar o valor do exquisito e por iso "paga a pena tanto esforzo", asegura. É o propietario dunha explotación gandeira de Corcubión, que de acubillo a 250 animais, entre os que hai 20 nais de porco celta. Esta raza é similar ao porco popular, non obstante, é máis substancioso e ten menos carne, polo que a moitos gandeiros non os compensa economicamente a súa manutención. "Este produto é máis caro que o convencional", afirma o gandeiro.

Hai vinte anos esta raza estaba en perigo de extinción e a Asociación Porco Celta decidiu loitar para conservala. Por este motivo o porco celta encaixa no movemento slow, pola súa recuperación da especie e ademais polo seu mantemento do medio.

Se todo marcha ben, o Porco Celta será nomeado Baluarte da Arca do Gusto e xa serán tres os produtos galegos que formen parte do catálogo internacional de produtos de excelencia.

Entrada publicada: 26/07/2009

Volver