Blog

Loitando polo manter vivo o Porco Celta dende a rede

Porco Celta

A Asociacion Amigos do Porco Celta da Costa da Morte xa está en internet. Xa conta co seu espazo baixo o dominio www.porcocelta.info. Xa son 25 os socios produtores que promocionan a raza de porco celta na Costa da Morte.

Unha raza que ao longo dos anos no século pasado foi perdendo importancia. Así a necesidade de crear enitdades que promocionen a súa cría faise grande. Por isto naceu a Asociación Amigos do Porco Celta da Costa da Morte, que como eles mesmos apunta, nace no ano 2006 co fin de divulgar e difundir a raza autóctona do Porco Celta para evitar a súa extinción e contribuír a conservar o patrimonio xenético da nosa Comunidade, e desenvolver actividades encamiñadas a fomentar a participación cidadá.

Unha das súas actividades máis sonadas é a Festa do Porco Celta "Costa da Morte", que este vindeiro 9 de agosto vivirá a súa cuarta edición. Coñecerémola máis polo miúdo a semana que vén. Ademais, a asociación está pensando igualmente nunhas xornadas de Pincho de Porco Celta, entre outra actividades promotoras.

A entidade está presidida por Jose Luis Antelo Amigo, que rexenta a Carnizaría Antelo, artífice da Porra da Copa da Costa.

Entrada publicada: 24/06/2009

Volver