Blog

O Porco Celta charlou en Corcubión

Porco Celta 2008

A Asociación de Amigos do Porco Celta da Costa da Morte organizaba este pasado sábado 4 de outubro de 2008, unha xuntanza con conferencias sobre a situación desta raza autóctona no país e na zona. José Antelo, presidente da asociación, membro da Asociación do Porco Celta (Asoporcel), e xerente da Carnizaría Antelo, corroborou o éxito das xornadas, nas que participaron máis 100 persoas, mesturando gandeiros e público en xeral.

Antes das charlas, proxectouse un vídeo explicativo elaborado polos responsables de Asoporcel. Foi José Antelo o que presentou para dar paso aos poñentes. Gerardo Rivero, de Medio Rural, apuntou as axudas e subvencións para as razas autóctonas. Tamen falou José Antonio Carril Gónzalez-Barros, veterinario e representante de Asoporcel, explicou as características do Porco Celta.

Antelo asegurou que continuaremos intentando colaborar para crear máis charlas. Unhas xornadas que poñen o colofón ao traballo realizado dende que hai 3 anos comezaran coas festas gastronómicas.

Segundo informaron, o porco celta segue sendo o gran descoñecido de Galicia. Pouco a pouco vaise introducindo no mercado, e de seguro que o seu sabor, que só se pode comparar co porco ibérico, fará que siga crecendo.

Trátase dun animal de crecimento lento, con moita graxa, que non pode vivir nunha granxa industrial pero sí no monte, sen necesidade de moita comida. Antelo comentaba que a Carnizaría Antelo xa conta con 20 femias e un par de machos, dos que todo acaba na carnizaría.

Entrada publicada: 06/10/2008

Volver