Blog

A Asociación do Porco Celta falará en Corcubión sobre a recuperación da raza autóctona

Porco Celta 2008

O porco celta será o protagonista das xornadas que se celebrarán este sábado, a partir das oito da tarde, na Casa da Cultura de Corcubión. Ata alí desprazaranse os responsables da Asociación do Porco Celta (Asoporcel) para impartir varias charlas informativas sobre esta raza autóctona.

José Antonio Carril, por exemplo, falará sobre as características do animal, así como da calidade da súa carne e outros temas relacionados con este tipo de porcos.

Gerardo Rivero, xefe de servizo de produción animal da Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, da Consellería do Medio Rural, impartirá unha conferencia sobre as axudas e subvencións que existen para a recuperación, explotación e recuperación do porco celta.

Degustación

Ao acto acudirá tamén o director xeral de Produción, José Antonio Oca, e todos os asistentes poderán participar nunha degustación gratuíta de produtos elaborados coa carne desta raza.

Entrada publicada: 03/10/2008

Volver