Blog

Xorde en Costa dá Morte el Slow Food de Galicia

Slow Food Porco Celta

O movemento mundial Slow Food -que exalta as bondades da comida cociñada a lume lento- é xa unha realidade en Galicia, grazas a unha iniciativa xurdida en Costa da Morte. O Museo do Pobo Galego serviu de marco á reunión constituínte do convivium galego. A nova entidade traballa xa na elaboración do programa de actividades. O primeiro acto terá lugar o 13 de setembro, cunha degustación de diferentes produtos.

O proxecto máis importante que ten a delegación galega do Slow Food a curto prazo é a participación no Encontro Mundial das Comunidades do Alimento Terra Madre, que se celebrará o próximo mes de outubro na cidade italiana de Turín.

Os socios fundadores do convivium galego son catorce: Antonio García Allut (A Coruña), Manuel Rodríguez ((Ou Grove), Casa de Trillo (Muxía), Restaurante-albergue Casa Pila (Carnota), Liño Lema (Santiago), Restaurante Xouba (Carnota), Constante Lorenzo (Muxía), Carnizaría Antelo (Corcubión), Juan Manuel Gómez (Carnota), Asociación Meiro (Bueu), Emilio Louro (Carnota), Xabier Barreiro (Santiago), Afonso Ribas (Poio) e Yolanda García (Brión).

Entrada publicada: 20/08/2008

Volver