Blog

Vida en Costa da Morte

Solombo Porco Celta

Algas e ourizos, pataca de Coristanco, polbo e centolla de Lira, pan de Carballo, longueirón de Fisterra, percebe de Corme, peixe de rocha de Lasa, porco celta, galiña piñeira, berbero de carcena, torta de Santiago... A galega Costa da Morte é unha variada despensa e os produtores queren recordalo aos consumidores e aos cociñeiros. Aproveitando o escaparate do cumio gastronómico Madrid Fusión, preséntase o próximo luns a Asociación Profesional de Turismo Costa da Morte (www.productoscostadamorte.com). O seu obxectivo é eliminar intermediarios e apoiar ás confrarías e agricultores fomentando a venda directa. Quérese lograr que a frescura dos elementos do mar e a terra chegue ás mesas e ás cociñas, pero sen que haxa desproporción entre o prezo de orixe e o de destino. Un exemplo: os percebeiros denuncian que no primeiro elo, un quilo desta xoia mariña vale 30 euros e logo o consumidor o paga a 120 ou 130.

Entrada publicada: 20/01/2008

Volver