Blog

De como Pancho se converterá en 400 quilos de saborosa comida

De como Pancho se converterá en 400 quilos de saborosa comidaPancho é un animal feliz que paseaba onte cos seus colegas á sombra dunhas árbores nas instalacións para a cría de gando que a Carnizaría Antelo ten en Cee.

Pouco sabía que lle quedaban dous telexornais. O de hoxe e o de mañá. Porque o luns se o levan a unha viaxe do que volverá convertido en costeletas, entre outros cortes.

O bo de Pancho é un porco celta que ten a honra de ter alcanzado os 400 quilos de peso. Case media tonelada. Para iso dedicou case tres anos -os que ten- a alimentarse a base de ben, anos que pasou nunha evidente falta de exercicio físico. O luns tócalle matadoiro e o sábado 11 de agosto, funeral. Será na segunda Festa do Porco Celta que se celebrará en Corcubión, na praza de Castelao, dende a unha da tarde. Alí será poucos os que choren a Pancho no seu final. O que está claro é que os seus impresionantes 400 quilos quedarán reducidos á nada en pouco tempo, tal é a habilidade dos participantes en festas gastronómicas. Se nada o remedia, do nobre animal quedará tan só un montón de ósos. A súa carne será repartida a ritmo de gaitas e de charanga polos que se pasen por Corcubión. Descanse en paz.

Entrada publicada: 04/08/2007

Volver