Embutidos Porco Celta
Embutidos Porco Celta

É unha raza que ata os anos cincuenta era o típico dos cortes en Galicia e que foi desaparecendo pouco a pouco ata os nosos días e hoxe encóntrase en vías de extinción. Son animais moi longos, pouco precoces, con cabeza moi grande e con orellas moi longas que lle chegan a tapar os ollos, moi altas e grandes andadeiras. A carne destes animais é de gran calidade para a elaboración de embutidos e xamóns.

máis
Curados Porco Celta
Curados Porco Celta

É un animal de sistema óseo e muscular moi desenvolvido, sobre todo o terzo anterior, con cabeza forte, longa e carnosa; membros alongados, dorso arqueado, anca derrubada, pel grosa poboada de porcas e cola longa. Son animais rústicos, áxiles, con boa aptitude para a marcha polo seu forte aparato locomotor que lle permite percorrer grandes distancias no pastoreo, como conseguía antigamente esta raza en Galicia.

máis
Loncheados Porco Celta
Loncheados Porco Celta

É unha raza autóctona adaptada ao medio galego. É unha raza porcina que está capacitada para a súa explotación en réxime semi ou extensivo, aproveitando os recursos que encontra ao seu paso, pero que agradece o complemento de landras, castañas, etc. O silvopastoreo con este animal axuda a previr os incendios forestais sen necesidade de facer rozas mecánicas e a aproveitar o sotobosque.

más
Benvid@s Carnizaría Antelo é un negocio familiar fundado en setembro do 1969

As distintas carnes que vendemos e elaboramos nas nosas instalacións proceden de animais nacidos e criados na Costa dá Morte.
As tenreiras proceden das aldeas que nos rodean: Oliveira, Redonda, Cabaleriza, Vilachan, Touriñan, Cartel, Senande, Cibrán, Vilar do Paraíso, Casanova, Chafaris, Lobelos, etc.
Estas tenreiras son criadas por labradores produtores de carne, é dicir, gandeiros que non venden leite, co leite que producen as súas vacas aleitan os tenreiros case ata o seu sacrificio, nalgúns casos ata o día anterior,…

Noso Blog

Estamos en…

Rúa Antonio Porrúa, 2
15130 - Corcubión, A Coruña

Teléfono: 981 745 028
Fax: 981 746 310
Email:
info@carniceriaantelo.com
embutidosantelo@hotmail.com
carniceriaantelo@yahoo.es